05 janeiro 2007

Adéus, Dr. Faxistophons


Co 2007 chégame a triste noticia do inesperado traspaso do Dr. Faxistophons (Denia, 1916-2007), unha das mentes máis lúcidas do movimento da Crítica da Memoria Abxecta. Para os non iniciados, debo aclarar que a Crítica da Memoria Abxecta é unha das correntes máis prolíficas de teoría da cultura contemporánea, tal como hoxe a entendemos. Aínda que, coma no resto da vella Europa, no noso país non se comezou cultivar até hai moi poucos anos, o Dr. Faxistophons sempre abriu camiño ás investigacións abxectas da memoria e crítica da cultura contemporánea, actuando de faro para científicos e humanistas coma Camus, Bourdieu, Eco, Sontag ou Sapristi.
Mais Oleguer Faxistophons nunca tivo as cousas fáciles. Tamén el houbo de sufrir censuras, exilios e atentados perante anos. As inmovilistas mentes que non hai tanto tempo dominaban o mundo académico sempre puxéronlle as cousas imposibles, en especial no referente á proliferación das súas magnas obras.
Non é este o momento dos afalagos nin das lembranzas improvisadas (aínda que así sexa costume). Prefiro remitir os lectores pouco familiarizados co tema ao portal oficial da Crítica da Memoria Abxecta na rede, onde atoparán sobrada información e bibliografía sobre o tristemente desaparecido doutor Faxistophons. Tamén é imprescindible a longa entrevista que Cunqueiro lle fixo para El Correo Gallego e que se pode atopar en Vieiros. Pero de todos xeitos, o mellor recoñecemento que se pode facer ao doutor Faxistophons é ler as súas obras, en especial O home periodizado, A semantización dos círculos de poder, Rabia e Choiva, e sobretodo a súa autobiografía crítica, Alguén tiña que dicilo?, títulos todos eles publicados en galego por IdeasBaldas.
Antes de guardar un sentido silencio pola desparición do humanista, quero reproducir aquí un significativo párrafo en que Oleguer Faxistophons dános a súa visión sobre a morte e a trasmigración das ideas. Actualmente tal vez semelle un pouco críptico, a causa da censura que o autor tivo que esquivar durante anos, pero vale a pena a súa interpretación. Sirva este texto para sentirnos hoxe un pouco menos orfos (déixoo no catalán orixinal coma sentida homenaxe a este valenciano universal):

Mai no va ser motiu d’alabança, ans de condemnes, que la remitració inespretuada de les més laxes fustes minses resultàs al capdavall debades. Per això calgué aplicació de la temença. Per això necessità l’ésser humà una claudicació a la seua mida. Per això, vótou a déu, la carcoma, el despit: la vergonya.
(...)
I passà el temps. I la mort feia de cadena. Mai no ens volgueren en moviment, sinó quiets. No ens deixaren moure’ns, esfilagarsar-nos, penjar. I per aquest motiu, rebentàrem tan a pleret, esbombàrem la truja dels mots i en férem botifarres i llonganisses. Els cuixots, sobrassades i camaiots d’aquella matança encara els gaudim. Ells, encara ens els reclamen.
(...)
Tanmateix, la mort feia de cadena. Només ella ens substituïa. Només gràcies a ella el moviment cíclic de la vida estava resolt i garantit. La imparable lluita per la remobilització de la natura tenia la victòria assegurada, i ja no era qüestió de plorar els morts: els morts ens alimentaven. Els morts érem nosaltres. I el que se’n desprenia, inviolable.


Sobre la raó com a punxa (Sobre o raciocinio exacerbado, IdeasBaldas, Melide, 1999)