just walk right through the door

A ela non lle gusta, mais eu teño que facelo.
Ela debe pensar que o que me dispoño facer constitúe outra depravada forma de terrorismo, e sen embargo non lle preocupa botar libros á papeleira. Temos que entendelo, porque ela ten uns costumes de consumo literario pouco habituais. Por exemplo, nunca compra un libro que non lera. E fai ben, porque para que vas comprar un libro que non sabes se che gustará? É que ela é unha gran relectora.
O fetichismo maniféstase de moitos xeitos diferentes. Eu non nego que a acción que vou emprender esta tarde sexa unha realización máis da teima que me impulsa a coleccionar libros, inventos, clips, mecanismos, e a inventar ou descubrir todo tipo de chintófanos. Mais teño que facelo.
Si, xa o decidín. Aínda que a ela non lle gustaría, eu vou facelo. Entrarei na biblioteca, sabotearei, quitándolle a banda magnética, o libro que hai anos que busco, e sairei. Non sei se vai ir ben, porque nunca o fixen (son fetichista, non cleptómano), e talvez pita.
Se pita, correrei.
Mais...
If I get by, it's mine.
Mine, all mine!


1 Comments:
porén, imaxínoa roubando calquera libro deses que esmorecen nos andeis das múltiples bibliotecas [case] privadas de institucións [case] públicas, talvez un bocado turbada pero resolta a un tempo, para lelo e despois emprestalo ou devolvelo.
Enviar um comentário
<< Home