(Entro no escenario có paraguas pendurado, intentando evitar que os meus ollos semellan os dun mocho).Moi boas tardes a todas e todos. Antes de vir aquí hoxe, decidín buscar no diccionario exactamente o que é un monólogo porque quería estar seguro que non era moi diferente do que pensaba. Decidín coller y fusionar unha definición entre 1. unha escena teatral dunha sóa personaxe e 2. un discurso dunha persoa consigo mesma.
Cando se engade os dos, vexo que un discurso con un mesmo non é moito mais cunha divagación fenomenal. Espero que poida seguir o fío ata o final, porque tiña algo que vós quería dicir. Pero se un monólogo é unha operación que un fai só, entón vós que sodes—un espello? E eu en troques sería un tolo cun paraugas, comezando a dar voltas sobre o “otro”, cando en realidade só quero contar unas historias sobre a miña experiencia coa lengua galega.
(O paraguas sai por detrás e enriba do ombreiro e abre. Neste mesmo instante trago da botella de güisqui. O paraguas sube e estou collido por sorpresa. Limpo os fuciños e enrosco o tapón da botella. Sigo.)E do pais ei!—non pasa nada.
Eu entendo que non queren, ou non saben, entreter un giri mentres este fala con pouco xeito a súa lingua, tantas veces falada só nun acento moi moi autóctono ó redor da lareira, na eira, debaixo dunha castiñeira, vociña do pobo. Non ten moito que ver coa loita verbal dese estraño cuns ollos suplicantes, que emprega desesperadamente todas as variacións dos verbos “facer” e “ir” (acompañadas de “pois...” pensativos e un contundente “é verdade” de cando en vez, e en ocasións, “carallo”) para explicarlles calquera cousa.
Ben coñezo a cara que poñen algúns cando lles falo. Enderéitanse de súpeto, engurran a fronte, mudan a expresión para outra que interpreto como mestura de terror e fastío como se lles estivese a falar en ruso.
Isto pasaba moito nun bar que chamaremos o bar Münich para protexe-la intimidade das persoas involucradas. Moito antes, claro, de que me puxese a escribir monólogos e tal. . soltando unhas “Boas noites” ó espazo en xeral, achégome á barra do bar. Timidamente.
-Ola, que hai?
Nada. Ten esa impaciencia coas tonterías que eu admiro moito nalgunhas persoas, pero tamén esa impasividade que te pode paralizar un pouco. Esta impasividad que te leva a confesar casi?
-Claro, stou traballando e todo vai sobre rodas e tal.
Nada.
-Bueno, o meu xefe e un pouco raro. Aproveitase de min bastaste. Non paga moito—pasamos todos fame alí.
Nada. Segue sen amosar a mínima complicidade na conversa.
-Quero buscar otro curro pero son preguiceiro. Non sei, son un mar de dúbidas. Creo que teño problemas emocionais.
E saen todas as dilemas existenciais diante deste impasible descoñecido. Buf! Fora!
(Intensos aplausos. Claro. Abrese o paraugas e eu intento acender un Derby cun chisqueiro, o güisqu xa rematado. O silencio de un público agardando pola continuación. . .)
Ala, onde estabamos? No bar Munich, claro. Acércome ó bar:
-Unha cunca de viño, ti.
-O que?
-Unha cuna,
-Ei! Claro que non entenden agora! Puxenme nervioso.
As mans, salvavidas para todo viaxeiro, saltan ao encontro da súa ollada debuxando a forma dunha cunca mentres lle pido:
-Unha cunca de viño tinto.
Agora xa estou calculando, ademais, cal é a mellor maneira de estabelecer se a cociña está aberta e podería pedir un bocata. [/Será misión imposible?]
Resúltame gracioso. Un día que a miña moza e mais eu andabamos na procura dun piso de alugueiro para ela ir vivir, un dos donos quedou mirando para min e preguntoume:
-E logo, ti de onde es? Portugués?
Supoño que despois de ve-los outros apartamentos –máis ben mazmorras- cheos dunha humidade que acaba por amolecer a calquera, pintados con pintura pésima mercada barata ó sobriño de tal, algúns incluso co lavabo de pedra, supoño que despois de ver todo iso eu estaba bastante locuaz nunha bufarda en que a cálida luz do mediodía entraba a través de grandes fiestras e sopraba unha airexa que arrastra o doce olor e os sons dunha vida tranquila. Unha persoa que está a loar o teu piso falando cun acento raro, nin carne, nin peixe, de onde había ser? De Portugal! Porque, carallo, quen vai querer falar galego?
A min encántame pensar nesas reaccións da xente, nos seus prexuízos, porque é por aí por onde pode vi-la mudanza das súas actitudes.
Cando estou con xente que coñezo, ás veces gústame soltar calquera palabra que veño de aprender facendo unha lectura, ó mellor do meu libro Galego I, que se me fai un libro moi riquiño pola calidade lírica que con que a lingua está nel empregada. Daquela adoita ocorre-lo seguinte:
SITUACIÓN A
-Que é iso? -pregúntanme
-O reviratempos? Pois era o compoñedor de paraugas, que percorría as rúas vocexando o seu oficio.
–tento responderlles eu.
-Xa, pero iso non se di, e... –retrucan.
SITUACIÓN B
-De que ano é o libro?
-1980 –respóndolles.
-Claro, pero é que a normativa mudou desde aquela, meu!
As menos das veces, dáse tamén unha SITUACIÓN C, en que a xente me di:
-Significa iso? Pois non cho sabía eu, pero, claro... ten sentido. Ti dilo, ten xeito.
Eu quedo pensando que o galego ten tantas variacións como na miña terra, cada pobo facendo variacións de todo tipo, muletiñas propias, sotaques particulares (a inmigración, coa necesidade que conleva ésta de ter que aprender a lingua do país de chegada, sobre todo, historicamente, pode contribuir moito ó medramento dunha riqueza lingüística). A xente sen duda non entende a palabra en cuestión sen os xestos que emprego. Eu traballei nunha escola reformatoria en San Francisco (esas escolas onde van os nenos con problemas disciplinais), có propósito de enseñar unha lingua que non era a súa.“
(finxir conversa)
Eu non entendía a veces o que dicían, pero estaba falando en un inglés riquísimo, moi expresivo. E cada vez mais entender o inglés significa entender unha variación enorme de léxico e sotaques. Se ti vas á India por exemplo, vas escoltar unha mestura de non sei que.
(Rickshaw driver: Sir, over here sir. Please you be you like drive in my Rickshaw sir. Where you go sir, very cheap sir, I drive you to Dehradun sir 80 rupees. E no mesmo momento ven 5 choferes mais, atraídos pola posibilidade de negociar un prezo exorbitante (que nembargantes é moi pouco) con ese inocente. No sir, you coming with me. I give better price.
Aquí en Galicia, escoitar un extranxeiro que fala galago ten que ser un pouco raro, e para a xente mayor, quizais casi traumático.
Describeume un amigo meu que nunhas das facultades en Barcelonas houbo unha pintada que dixo: Por lo ben do Catalán, Erasmus go home. Era una mensaxe brusca pero ten o seu contenido de verdade. A veces, dixome il, que despois de anos de loita para que os profesores falase en Catalán en clase, os alumnos veía como a presenza de dos o tres estudantes extranxeiros causaban o cambio ó castelán. Un cambio que duraría o ano enteiro, claro.
A idea de formar unha organización de galegofalantes non nativos é unha idea que creo que ten moitos aspectos bos, e psicoloxicamente é unha maneira creativa de sair dos paradigmas de sempre. É como na química. Se ti fas sempre os mesmos experimentos, utilizandos sempre as mesmas ingredientes. En canto engadas outras couas, o resultado tamén cambia. É tamén cuestion de se preferimos que anda por aquí mogollón de xente falando castelán cun acento raro, o falando o galego cun acento raro. Non sei, non quero comezar dicindo tonterías (maís que xa dixen seguro), pero nota que ten certos poderes. Os mayores sentense afirmados, e saielles a vena didactica. “iso dise así, fillo”. Os pequenos tenden se responder cunha mestura de incredulidade e confianza. Paréceme que noto algo que me rexistra como un sentimento de non sei. . .algo bo. O quizaís o que ven de fora é visto como desexable Pero tampoco quero comezar a desbarrar con estas opinións. Pero si é certo o otro é un pouco como un espello? Pois, neste caso eu estou especialmente fermoso hoxe.