Braille pra os ollos
Onte, lendo uns paisaxes dunha graciosa historia de amor entre un escritor e unha pandilla de putas vestidas de primeira comunión, comecei a decatarme da compoñente visual presentes en todas as miñas lecturas. Sempre me acordo, con case unha precisión increíble (gnat's ass, como dirían os meus tíos carpinteros) ónde podese atopar na páxina. Lembrome ben en que parte da páxina o pequeñino e heróico Bilbo Baggins mató ó Smog, o cando Johnny fala enloquecido sobre a atemporalidade que (de verdade) pode crear unha combinación de rítmo e acordes dominantes/diminuídos. Lembramos todos desta parte de El Perseguidor.
"Todos tenían ganas de tocar, estaban contentos, andaban bien vestidos (de esto me acuerdo quizá por contraste, por lo mal vestido y lo sucio que anda ahora Johnny), tocaban con gusto, sin ninguna impaciencia, y el técnico de sonido hacia señales de contento detrás de su ventanilla, como un babuino satisfecho. Y justamente en ese momento, cuando Johnny estaba como perdido en su alegría, de golpe dejó de tocar y soltándole un puñetazo a no sé quién dijo: "Esto lo estoy tocando mañana", y los muchachos se quedaron cortados, apenas dos o tres siguieron unos compases, como un tren que tarda en frenar, y Johnny se golpeaba la frente y repetía: "Esto ya lo toqué mañana, es horrible, Miles, esto ya lo toqué mañana", y no lo podían hacer salir de eso, y a partir de entonces todo anduvo mal, Johnny tocaba sin ganas y deseando irse (a drogarse otra vez, dijo el técnico de sonido muerto de rabia), y cuando lo vi salir, tambaleándose y con la cara cenicienta, me pregunté si eso iba a durar todavía mucho tiempo."
Lémbrome en que parte da páxina de White Noise o choro lastimeiro do neno é dibuxado con pericia. Ben acórdome que o mensaxe de Zaratustra está interrumpido por a necesidade de dobrar a páxina. Lémbrome de todo iso, pero no momento de buscar, eu busco sen atopar. A veces non me lembro tampouco en que libro está tal o cal cosa do mesmo autor, entón decidín résoudre le problème. E un sistema có fin de crear unha correspondencia entre o progreso dunha liña negra e o progreso da narración. Así unha persona pode visualizar ben a traxectoria narrativa. Un par de minutiños teño, hei de coller un avión pra o mediterráneo. As ideas son como as nubes. . .
Páxinas Visuais, primeiro esbozo.



1 Comments:
Prezado Dr. Reviratempos,
O seu descubrimento é revolucionario!
Permítame que me presente. Son Xosé Lois Stephano, director de deseño e ventas da editora IdeasBaldas. Imaxino que nos coñece, hai xa tempo que nos dedicamos á edición de obras de pensamento e ensaios en Galicia.
O pasado venres, o noso novo estudante en prácticas, Brais Lama, chegou entusiasmado á xuntanza que semanalmente mantén o noso equipo directivo. Levaba copias impresas da entrada da súa bitácora electrónica Novos chintófanos onde fala das “páxinas visuais”, ese novo sistema para situar máis facilmente non só onde se atopa un fragmento determinado, senón sobre todo en que parte do libro. Se ben é certo que un sistema semellante ao seu “Braille pra os ollos” hai xa tempo que é utilizado en moitas axendas e diccionarios escolares, a variación que vostede propón é oportunísima para os productos da nosa empresa.
Congratúlome, querido doutor, de comunicarlle a nosa intención de adoptar o seu sistema de notación paxinal de xeito sistemático nas sucesivas publicacións que a nosa casa ten previstas. Quizais cunha lixeira adaptación: nós non imprimiriamos toda a progresión en forma de liña negra na marxe da páxina (iso suporía un gasto excesivo), senón só o número da páxina en cuestión, mais, iso si, na zona que correspoña de acordo coa progresión que vostede propón.
Imos pornos en contacto con vostede por vía electrónica, de todos xeitos, para concretar detalles. Mais non queriamos facelo sen antes comunicarlle publicamente a nosa admiración polo seu descubrimento. Parabéns de novo, Dr. Reviratempos. Pequenos feitos coma este son os que fan avanzar a historia da humanidade.
Saúdalle, atentamente,
Xosé Lois Stephano
Director de deseño e ventas
IdeasBaldas edicións.
PD: Por certo, doutor... ¿xa patentou o seu sistema?
Enviar um comentário
<< Home